De interese para colegiad@s / asociad@s en situación de desemprego

Asiste gratis ao Taller de empregabilidade

En virtude do acordo de colaboración asinado recentemente entre a Escola Europea de Negocios (EEN) e a AETG os asociad@s e colegiad@s interesados poderán asistir gratuitamente ao "Taller de Empregabilidade: A esencia para encontrar un novo emprego". Este taller terá lugar o 10 de octubre en A Coruña.

Dada a difícil situación actual na que nos atopamos consideramos que pode ser interesante poñer a disposición do noso colectivo, especialmente dos que se encontran en situación de desemprego e tamén dos que buscan unha mellora laboral, de novas estratexias, técnicas e medios que lle faciliten a busca de emprego asemade da visión de consultores de selección, de outplacement e de headhunters.

O número de prazas é limitado e atenderanse por rigorosa orde de chegada, dando prioridade ao colexiad@/asociad@ en situación de desemprego.

Máis información e inscrición.