Debate Virtual "Situación actual e desafíos futuros na área da saúde dixital"

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza o debate virtual "Situación actual e desafíos futuros na área da Saúde Dixital" que terá lugar o vindeiro xoves 1 de outubro ás 18.00 horas e conta coa colaboración do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña.


Imprescindible inscrición aquí.

O acto estará presidido polos presidentes de ambas entidades, Julio Sánchez Agrelo e Luciano Vidán respectivamente, e coa intervención dos expertos na materia, Sara Rodríguez Paz, enxeñeira de telecomunicación experta en saúde dixital e Alejandro Pazos Sierra, médico e informático. Os ponentes reflexionarán sobre a situación actual e os desafíos futuros na área da Saúde Dixital, e as inquedanzas e perspectivas de futuro en situacións de crisis sanitarias.

Cartel_Xornada Saúde Dixital.lightbx.jpg

Acto organizado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) enmarcado no plan de accións de difusión de 2020, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2020.

imagen saude dixital.jpg