Desconvocatoria da Asemblea Xeral e Xunta Xeral do Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia


AVISO IMPORTANTE PARA COLEXIADOS/AS E ASOCIADOS/AS



Desconvocatoria Asemblea Xeral Ordinaria do COETG do 26 de marzo de 2020

Comunicámos a desconvocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria do COETG que tiña previsto celebrarse o vindeiro 26 de marzo de 2020. A situación de forza maior existente nestes momentos, pola aplicación de medidas extraordinarias previstas no Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo (BOE 14/03/2020) e na Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (DOG 15/03/2020) para evitar o contaxio do coronavirus COVID-19, obrígannos a adoptar esta decisión.

A nova data de convocatoria comunicarase polas canles habituais e cumprindo con todos os requisitos establecidos na normativa colexial, con alomenos 15 días de antelación á súa celebración.


Desconvocatoria Xunta Xeral Ordinaria da AETG do 26 de marzo de 2020

Comunicámos a desconvocatoria da Xunta Xeral Ordinaria da AETG que tiña previsto celebrarse o vindeiro 26 de marzo de 2020. A situación de forza maior existente nestes momentos, pola aplicación de medidas extraordinarias previstas no Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo (BOE 14/03/2020) e na Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (DOG 15/03/2020) para evitar o contaxio do coronavirus COVID-19, obrígannos a adoptar esta decisión.

A nova data de convocatoria comunicarase polas canles habituais e cumprindo con todos os requisitos establecidos na normativa da asociación, con alomenos 15 días de antelación á súa celebración.