O COETG celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (DMTSI), que terá lugar mañá día 17 de maio, coa Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), na que xa están subidas as súas iniciativas (http://www.itu.int/en/wtisd/Pages/2013initiatives.aspx), entre elas, o cartel do DMTSI en galego, coa publicación da revista A Nosa Rede, dedicada este ano a: “As TIC e a mellora da seguridade vial”, lema escollido pola UIT para conmemorar esta data ou coa publicación do seu xa tradicional Manifesto no xornal La Voz de Galicia este venres, coincidindo coa festa das Letras Galegas, entre outros eventos.
|
|
![]() |
![]() |
Entre os actos organizados polo COETG destacan a visita á Fragata F-102 “Almirante Juan de Borbón” e aos escenarios más destacados do recinto do Arsenal Militar de Ferrol o pasado o pasado 7 de maio, na que os enxeñeiros galegos tiveron a oportunidade de coñecer as súas infraestruturas de telecomunicacións ou a súa participación no Acto de Graduación da Promoción 2013 da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións (EET) de Vigo tralo que tivo lugar un encontro de confraternización. Os actos de celebración concluirán co Foro “As Cidades Intelixentes: un compromiso coa accesibilidade”, organizado por INEO en colaboración co COETG e a EET, que terá lugar o vindeiro luns día 20 de maio no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia de Santiago de Compostela. O evento, que ten como obxectivo debater que se necesita para que estas Cidades Intelixentes sexan accesibles aplicando as tecnoloxías, contará con expertos de todos os eidos implicados que participarán na mesa redonda “Retos e oportunidades nas Cidades Intelixentes en materia de accesibilidade”, e co director xeral da Fundación Nacional de Tecnoloxía da Accesibilidade (CENTAC), Juan Luis Quincoces, como relator principal. Tanto co Manifesto que con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información publica en diversos medios de comunicación, como cos diferentes actos que organiza, o COETG quere amosar o seu apoio á iniciativa levada a cabo pola UIT para conmemorar este día, que baixo o lema “As TIC e a mellora da seguridade vial”, pretende concienciar a toda a sociedade da importancia das TIC, que constitúen unha oportunidade real para salvar as miles de vidas que se perden cada ano nos accidentes de tráfico, e aproveitar para facer un chamamento ás empresas galegas do sector, para que exerzan a súa responsabilidade neste eido, desenvolvendo novas tecnoloxías que axuden a mellorar a seguridade vial, contribuíndo así a salvagardar as vidas da nosa mocidade, que é o recurso máis valioso do que dispomos.
|
Iniciar sesión
Buscar
A Nosa Rede 2022
YouTube
Enlaces de interese
Accede aos enlaces de interese
Enlaces de interese