O COETG celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (DMTSI), que terá lugar o sábado día 17 de maio, coa Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), na que xa están subidas as súas iniciativa (http://www.itu.int/en/wtisd/2014/Pages/promotion.aspx), entre elas, o cartel do DMTSI en galego e coa publicación da revista A Nosa Rede, dedicada este ano a: “A banda larga para o desenvolvemento sustentable", lema escollido pola UIT para conmemorar esta data, e tamén coa publicación do seu xa tradicional Manifesto no xornal La Voz de Galicia do sábado, coincidindo coa festa das Letras Galegas.
|
|
![]() |
![]() |
Outro acto tamén organizado polo COETG para conmmemorar este día foi a visita á CRTVG - Compañía Radio-Televisión de Galicia que tivo lugar o 8 de maio e na que os colexiad@s/asociad@s tiveron a oportunidade de recorrer tanto as instalacións da Televisión de Galicia como as correspondentes da Radio Galega. Guiados da man dos enxeñeiros de telecomunicacións do equipo directivo e técnico do departamento de Enxeñería da Televisión de Galicia, puidose coñecer tanto os equipos de telecomunicacións como as salas de posprodución de vídeo e os estudios da compañía. Visitouse tamén o arquivo e as instalacións de Retegal. E destacable tamén a participación de representantes do COETG na xornada "As TIC e a e-Administración no marco das Smart Cities”, que organizada por CONETIC coa colaboración de Ineo, tivo lugar o 9 de maio en Vigo e na que tamén participaron representantes dos catro concellos galegos que están a levar a cabo iniciativas de Smart City e diversas empresas tecnolóxicas que puxeron en común a súa experiencia no desenvolvemento de proxectos para contornas intelixentes. Con estas iniciativas o COETG súmase á levada a cabo pola UIT para conmemorar este día e que baixo o lema “A banda larga para o desenvolvemento sustentable” insta ás entidades a organizar todo tipo de actividades e a aumentar a sensibilización e consenso neste ámbito a todos os sectores da sociedade.
|
Iniciar sesión
Buscar
A Nosa Rede 2022
YouTube
Enlaces de interese
Accede aos enlaces de interese
Enlaces de interese