Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2015

 

O COETG celebra o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (DMTSI), que terá lugar o domingo día 17 de maio, coa Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), na que xa están subidas as súas iniciativa (http://www.itu.int/en/wtisd/2015/Pages/poster.aspx), entre elas, o cartel do DMTSI en galego e coa publicación da revista A Nosa Rede, dedicada este ano as: “Telecomunicacións e TIC: Impulsoras da Innovación", lema escollido pola UIT para conmemorar esta data, e tamén coa publicación do seu xa tradicional Manifesto no xornal La Voz de Galicia do domingo, coincidindo coa festa das Letras Galegas.

 

 

Outro acto tamén organizado polo COETG para conmmemorar este día foi a xornada “Telecomunicacións e TIC: impulsoras da innovación” que tivo lugar o martes 26 de maio no salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.