A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN EN GALICIA A DEBATE
*O Vicedecano-Vicepresidente do COETG-AETG, Miguel Merino; a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela; o Director da Escola de Telecomunicacións de Vigo, José María Pousada; e o Presidente de INEO, Jorge Cebreiros, participaron nun debate organizado polos xornais Faro de Vigo-La Opinión.
*Segundo os expertos, o futuro da Sociedade da Información e do sector TIC en Galicia é esperanzador, sempre que se aglutinen esforzos e se avance na educación da cidadanía.
Coincidindo coa celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información-Día de Internet en España, o pasado 17 de maio, o Vicedecano-Vicepresidente do COETG-AETG, Miguel Merino; a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela; o Director da Escola de Telecomunicacións de Vigo, José María Pousada; e o Presidente de INEO, Jorge Cebreiros, reuníronse ao redor dunha mesa para debater sobre o estado actual e o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia. O debate estivo organizado polos xornais Faro de Vigo-La Opinión.
Os catro representantes sentaron posturas e coincidiron en debuxar un horizonte optimista para a Sociedade da Información e do Coñecemento na nosa comunidade, futuro que pasa por rendabilizar o uso e o consumo das novas tecnoloxías e de internet; por formar e educar as empresas e a sociedade no seu conxunto nas potencialidades e no correcto manexo desas novas tecnoloxías; e por unir forzas por parte de todas as entidades implicadas no desenvolvemento da Sociedade da Información (Administración, Universidade, asociacións empresariais, colexios profesionais…).
O proxecto proposto pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información de crear un clúster TIC, no que se invita a formar parte a todas as asociacións e empresas vinculadas co eido das novas tecnoloxías da comunicación, foi visto polos catro participantes na mesa de debate como a plataforma idónea para aglutinar forzas e dinamizar o sector ata convertelo nun referente no desenvolvemento social e económico de Galicia.
CATRO PUNTOS DE VISTA
![]() Galicia ocupa os últimos postos de España no ranking do coñecemento e uso das novas tecnoloxías, ¿cómo melloraría esta situación? Para Miguel Merino, o feito de que Galicia ocupe os últimos postos no ranking de coñecemento e uso de internet en España, débese a unha dobre causa: “as infraestructuras e chegar a todos os puntos fixados e a un problema cultural, de ter a formación suficiente para utilizala como mellor convén”. ¿Qué pode significar a creación dun clúster TIC en Galicia? “É positivo como elemento dinamizador do mercado. É interesante porque supón un modelo de mercado no que se xuntan vendedores e compradores que converxen nun dinamismo beneficioso para o noso sector”. |
![]() Galicia ocupa os últimos postos de España no ranking do coñecemento e uso das novas tecnoloxías, ¿cómo melloraría esta situación? ¿Qué pode significar a creación dun clúster TIC en Galicia? |
![]() JOSÉ MARÍA POUSADA, DIRECTOR ESCOLA TELECOMUNICACIÓNS VIGO Galicia ocupa os últimos postos de España no ranking do coñecemento e uso das novas tecnoloxías, ¿cómo melloraría esta situación? “Independentemente do posto que ocupe Galicia en Internet, quero nomear dous aspectos que axuden a mellorar a profesión: máis información básica para os usuarios en distintos ámbitos e máis presenza dos profesionais das TIC na administración”. ¿Qué pode significar a creación dun clúster TIC en Galicia? |
![]() JORGE A. CEBREIROS, PRESIDENTE DE INEO Galicia ocupa os últimos postos de España no ranking do coñecemento e uso das novas tecnoloxías, ¿cómo melloraría esta situación? “Hai unha diferencia básica no uso de internet desde o punto de vista do cidadán e da empresa. Onde realmente se está a fallar é en transmitirlle á empresa os servizos que pode achegar desde internet”. Iniciativas coma ésta son moi positivas á hora de transmitirlle ao cidadán que estamos en movemento. Os obxectivos deben mirar a difundir e transmitir coñecemento, crear redes sociais de coñecemento e achegarnos ao usuario final. Neste sector movémonos no que se chama “anos de can” (un vale por sete) a cantidade de novas incorporacións tecnolóxicas é tan elevada que temos que ser quen de absorbela e transmitirlla a cidadáns e a outros sectores que non van a ese ritmo. Para min é moi ilusionante o futuro, sempre que manteñamos a dinámica de acción, acción, acción. ¿Qué pode significar a creación dun clúster TIC en Galicia? O cluster proposto pola administración reúne todo o que nós poderiamos agardar: administración, centros tecnolóxicos, universidade, entidades profesionais e empresas do sector TIC”. |
O COLEXIO DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN REALIZARÁ O SEGUIMENTO E CONTROL DA EXTENSIÓN DA BANDA AMPLA EN GALICIA
*O COETG estableceu un acordo de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
*O titular de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou, durante o mesmo acto, o Open office en galego e o corrector ortográfico de software libre, ferramentas de libre acceso en mancomun.org.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia (COETG) e a Consellería de Innovación e Industria veñen de subscribir un convenio de colaboración para realizar o seguimento da Banda Ancha en Galicia, mediante a realización de diferentes actividades. A sinatura tivo lugar o pasado 16 de maio en Santiago de Compostela e contou coa presenza do Presidente-Decano da AETG-COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, e do Conselleiro de Innovación, Fernando X. Blanco.
A través deste convenio de colaboración, o COETG encargarase de analizar o grao de cumprimento dos plans de despregue de banda ampla que se están desenvolvendo en Galicia e as comprobacións referiranse tanto ao cumprimento de prazos previstos no despregue como ás tecnoloxías utilizadas e amplitude de banda. Ademais, comprobará as deficiencias observadas pola Consellería no tocante ás infraestructuras de banda ampla e á prestación do servizo universal de telefonía. Realizará tamén o deseño dunha aplicación informática que permita dispór dun mapa de redes dinámico, que facilite a información sobre o estado e avance da extensión da banda ampla na nosa comunidade. Por último, o COETG elaborará un informe trimestral sobre o estado da arte das tecnoloxías de telecomunicación e a conveniencia de instalar e/ou substituír as previstas nos diferentes planos que se estean a desenvolver.
A Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, financiará os custes que xeraren as diferentes actuacións das que se encargará o COETG, cun investimento total no proxecto de 150.603 euros.
Durante o acto, Bermúdez de Castro, expresou a ledicia que para o colectivo galego de Enxeñeiros de Telecomunicación que él representa, supón a sinatura deste convenio marco de colaboración coa Xunta, porque “constitúe un paso adiante na meta que desde o COETG nos fixamos: o impulso e o asentamento das TIC en todos e cada un dos ámbitos da sociedade galega”. Ramón Bermúdez de Castro referíuse tamén á finalidade común coa Administración autonómica de “converter Galicia nunha gran cidade dixital, á altura das sociedades avanzadas do noso tempo na marcha inexorable cara a Sociedade da Información e do Coñecemento”, misión que poderán acometer a través deste acordo.
Para a Consellería de Innovación e Industria resulta de vital importancia a elección da tecnoloxía empregada en cada área na extensión da banda ampla, consciente de que as redes de comunicación e os sistemas de acceso, tanto a empresas como a cidadáns, son esenciais para o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia.
Durante o mesmo acto, o titular de Innovación e Industria presentou as novas aplicacións informáticas en software libre que se poden descargar de balde desde o pasado día 17, do portal mancomun.org. En concreto, Fernando Blanco presentou a tradución ao galego do paquete ofimático Open Office 2.0, así como un corrector ortográfico baseado na normativa oficial da lingua galega actualmente vixente. Ademais, o conselleiro nacionalista asinou un convenio de colaboración co presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, para a presenza na rede de materiais lingüísticos en galego de grande utilidade.

EMILIO PÉREZ TOURIÑO PRESIDE OS ACTOS CENTRAIS DO DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN, ACOMPAÑADO DO DECANO DO COETG
* Touriño avogou por aproveitar as posibilidades que ofrecen as telecomunicacións e internet para potenciar a identidade e a lingua galegas.
* O Decano do COETG-Presidente da AETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, fixo un chamamento ao esforzo de todos os galegos para incorpor a xestión e o uso das novas tecnoloxías converxentes que están transformando o mundo.
O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, presidíu os actos relacionados co Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información-Día de Internet en España, o pasado día 16 na compostelá Praza do Obradoiro. No acto, organizado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, baixo o lema “Comunicación e Internet”, interviron, ademais do presidente da Xunta, o Decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, e o rexedor de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
O Presidente da Xunta de Galicia avogou por aproveitar as posibilidades das novas tecnoloxías da información, da comunicación e de internet para converter a nosa lingua e a nosa identidade “nun vector e nun valor de posicionamento no mundo global”. O máximo mandatario galego sostivo que Galicia debe rendabilizar estas novas tecnoloxías para convertelas nunha “panca de progreso”.

Membros da Xunta de Goberno do COETG departindo co Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño
No decurso da súa intervención, o xefe do Executivo galego aproveitou o feito de que o día 17 coincidira a celebración das Letras Galegas e das tecnoloxías da comunicación para difundir unha “mensaxe de modernidade da identidade galega”, identidade á que caracterizou como “aberta ao mundo, aos novos coñecementos, aos novos horizontes e ás novas esperanzas”. Fíxoo diante dun auditorio dun cento de persoas e despois de chatear co presidente do Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina, Jorge Alvarez, e de interactuar co can-robot Axóuxere.
Pola súa banda, o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, referíuse ao acto como a “un evento cargado de simbolismo”, que pon de manifesto o “compromiso coa nosa lingua e co noso progreso tecnolóxico”. Falou do mundo que temos que conquistar por medio das novas tecnoloxías e de que “a nosa capacidade de triunfo integral depende en parte do bo uso desas novas tecnoloxías e de internet”.
O Decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, dirixíuse no seu discurso ás administracións e entidades públicas, ás empresas e entidades privadas, aos colectivos profesionais e á sociedade galega no seu conxunto, a quen lles pedíu unir “esforzos persoais e profesionais ata acadar que o noso país incorpore plenamente a xestión e o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, que están transformando o mundo que vivimos”. Bermúdez de Castro aludíu tamén á transversalidade destas tecnoloxías como un valor que “as fai determinantes na mellora dos procedementos que permiten incrementar a calidade dos servizos que reciben os cidadáns, así como a produtividade e a globalidade das empresas”.
No nome dos máis de 1.000 enxeñeiros de telecomunicación que representa o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez fixo un chamamento a todos os galegos para que “xuntos consigamos situar o noso país no lugar que lle corresponde no mundo global “. O Decano do COETG reclamou tamén que o desenvolvemento das novas tecnoloxías cara a nosa obrigada marcha á Sociedade da Información, “incorpore a lingua galega como vehículo de uso e de transmisión dos coñecementos, da comunicación entre todos os galegos e a difusión da nosa cultura”.
Ao remate do acto, os asistentes tiveron a oportunidade de intercambiar opinións no transcurso dun cóctel que tivo lugar no Pazo de Raxoi. Durante a ocasión, púxose de manifesto unha vez máis, a boa sintonía entre o Presidente da Xunta de Galicia e os membros da Xunta de Goberno do COETG.
Galería fotográfica:
* Reunión e xantar de traballo no Club Financieiro de Vigo (15.05.2006)
* Debate sobre a Sociedade da Información en Galicia (15.05.2006)
* Touriño preside os actos centrais do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (16.05.2006)
* Sinatura do Convenio sobre a extensión da banda ancha (16.05.2006)
Programa de actividades co gallo do 17 de Maio
Data: Mércores, 17 de Maio de 2006
Actividades:
da Sociedade da Información e sector TIC en Galicia.
Data: luns, 15 de maio de 2006.
Lugar: sede do xornal Faro de Vigo (Chapela, Redondela)
Hora: 17.00 horas Compoñentes:
- Miguel Merino, Vicedecano-Vicepresidente COETG-AETG.
- Elena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Xunta de Galicia.
- José María Pousada, Director Escola de Telecomunicacións de Vigo.
- Jorge A. Cebreiros, Presidente da Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (INEO)
1.1. Xantar de traballo
Lugar: Club Financieiro de Vigo (García Barbón, 62)
Hora: 15:00 horas
2. Sinatura convenio AETG e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para o control da extensión da banda ancha na comunidade galega
Data: 16 de maio
Hora: 11:00 horas
Lugar: Consellería de Innovación e Industria, San Caetano, Santiago de Compostela
Interveñen: D. Fernando X. Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria; Dª Elena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, e D. Ramón Bermúdez de Castro Olavide, Decano-Presidente COETG-AETG.
3. Acto institucional “Comunicación e Internet”. Declaración oficial do Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, co gallo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e Sociedade da Información e do Día de Internet en España.
Data: 16 de maio
Hora: 18:00 horas
Interveñen: D. Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta de Galicia; D. Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela e D. Ramón Bermúdez de Castro Olavide, Decano-Presidente COETG-A.