Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2007

Manifesto do COETG/AETG co gallo do 17 de Maio
14 de Maio de 2007: Acto organizado polo COETG e a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información co gallo do Día Mundial das Telecomunicacións“Galicia vs. Irlanda. Cambio económico e desenvolvemento da Sociedade da Información”A debate o Modelo Irlandés de desenvolvemento económico baseado nas Novas Tecnoloxías e a súa exportabilidade a Galicia

Visualizar a Invitación para o evento da mesa redonda-debate o 14-05-2007 (só membros rexistrados - facer login)

Nunha mesa redonda, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e pola Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, na que participaron, entre outros, o catedrático irlandés, Patrick O’Flanagan.

No marco da conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2007, que se celebrará o vindeiro 17 de maio, O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industria e da Sociedade da Información, organizaron unha mesa redonda-debate baixo o título: Galicia vs. Irlanda. Cambio Económico e Desenvolvemento da Sociedade da Información.
Presentada polo decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, e clausurada polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xavier Blanco Álvarez, a mesa redonda contou coa participación do catedrático da Universidade de Cork (Irlanda), experto na análise da Sociedade da Información e do Coñecemento a nivel social, económico, cultural e territorial, Patrick O’Flanagan; do doutor europeo en Xeografía e profesor titular de Xeografía Humana da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), Carlos Ferrás; e o investigador da USC, Carlos Macía.

Mesa presidencial
De esquerda a dereita: Carlos Ferrás, profesor da USC; Ramón Bermúdez de Castro Olavide, Decano do COETG; Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria; Patrick O’Flanagan, catedrático da Universidade irlandesa de Cork; e Carlos Macía, investigador da USC

O obxectivo do acto foi analizar de maneira comparativa o desenvolvemento de Galicia e Irlanda desde o punto de vista industrial e económico, co convencemento de que está estreitamente ligado ao desenvolvemento das TIC. Entre os asistentes cómpre destacar o colectivo galego de enxeñeiros de telecomunicación; ao ámbito da investigación universitaria; ás principais empresas tecnolóxicas; institucións públicas e outras entidades relacionadas coas novas tecnoloxías.



A experiencia galega estivo representada polos profesores da Universidade compostelana Carlos Macía e Carlos Ferrás. Co título “Cambio e a transformación no marco da Sociedade da Información. Perspectiva comparada dos casos galego e irlandés” respostaron á pregunta de qué é a Sociedade da Información e qué implicacións ten para a vida cotiá de galegos e irlandeses, coa intención de reflexionar sobre as grandes transformacións experimentadas polos dous territorios durante a súa historia máis recente. Nesa liña, analizaron comparativamente o proceso de cambio e desenvolvemento socioeconómico de ambos países tentando percibir a importancia dos factores intanxibles; da I+D; dos fluxos de información e coñecemento e da formación do capital humano; da universalización social da computadora, etc, fronte a factores máis tradicionais como a multiplicación dos kilómetros de estradas construídas ou da urbanización do espazo, entre outros.


Co título “Sociedade da Información en Irlanda: Problemas e Oportunidades”, Patrick O’Flanagan achegou a experiencia irlandesa a través da aplicación e despegue da Sociedade da Información e do Coñecemento en todo o país británico. Falou dos tres principais organismos implicados en materia de desenvolvemento económico, territorial e industrial baseado na industria da Electrónica e das TIC (ETIC) -Goberno, empresas tecnolóxicas e organizacións non gobernamentais-, e das súas necesarias conexións. Tamén analizou os últimos programas e iniciativas emprendidos pola Administración irlandesa en materia TIC.


Poñencias da Mesa Redonda
Galicia vs. Irlanda. Cambio Económico e Desenvolvemento da Sociedade da Información




Outras actividades:

  • 10 de maio en Pontevedra: Xornada “I+C: Oportunidades e Desafios para a Cultura Galega na Internet”, organizada por la Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información en colaboración coa Consellería de Cultura e o Consello da Cultura Galega. Máis información: aquí
  • 15 de maio na ETSE da Universidade de Santiago: Xornadas sobre Estratexias TIC e de Sociedade da Información en Galicia. Organizada por la Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información en colaboración coas tres Universidades Públicas Galegas. Máis información: aquí



Sobre todos estes actos, podes atopar información actualizada diariamente no portal: http://www.maisinternetmaisgalego.org/

17 de Maio: Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2007