Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008

Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008 - Semana das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008


Martes 13 de maio

Mércores 14 de maio

Xoves 15 de maio

Venres 16 de maio

Sábado 17 de maio


Eventos Martes 13 de maio de 2008


MARTES, 13 DE MAIO: Presentación do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC e conmemoración do Día das Letras Galegas-Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.



Organiza: COETG.Colabora: Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria.Lugar: Hotel Puerta del Camino-Santiago de Compostela.


Hora: 13:00 h.

Presentación do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC


Interveñen:

  • D. Ramón Bermúdez de Castro Olavide, Decano do COETG.
  • Dna. Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Consellería de Innovación e Industria.
  • D. Xavier Alcalá Navarro, Presidente do Comité de Dirección do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC.



O COETG impulsa o Dicionario Enciclopédico Galego das Tic, que irixe Xavier Alcalá

O SECRETARIO XERAL DO COETG, RAMÓN MARÍA LOIS, E A PROFESORA DE FILOLOXÍA GALEGO-PORTUGUESA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, PILAR GARCÍA NEGRO, DISERTARON SOBRE O FUTURO DA LINGUA GALEGA NA ERA DIXITAL.

A presentación do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC, que dirixe o polifacético Xavier Alcalá, e a reflexión sobre o futuro da lingua galega na era dixital, son as principais accións que promoveu o COETG para conmemorar, xunto coa Dirección Xeral de Promoción Industrial, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008. O acto, que foi clausurado pola directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, tivo lugar este mediodía no hotel Porta do Camiño, de Santiago.

Este mediodía o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial, da Consellería de Innovación e Industria, centraron a celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008 en dúas accións que conectan a lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación.


O COETG impulsa o Dicionario Enciclopédico Galego das Tic, que Dirixe Xavier Alcalá

A presentación do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC ocupou a primeira parte do acto conmemorativo, no que interviñeron o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide e o presidente do Comité de Dirección do Dicionario, Xavier Alcalá Navarro, quen, ademais de achegar os primeiros resultados do proxecto en canto a escolma de termos e criterios de selección, falou da intencionalidade do Dicionario, da súa produción e metodoloxía de traballo, así como da súa promoción e divulgación na rede, a partir da súa experiencia persoal centrada no feito de que ao colectivo de enxeñeiros “cómprenos a aplicación correcta dos códigos. O código fundamental para os humanos é a fala. Por iso, nós temos unha especial obriga na corrección e na economía dos termos”, de aí que para Alcalá sexa “obxectivamente encomiable o Dicionario que nos propomos levar ao dominio dos feitos”.

Segundo Alcalá Navarro, o proxecto do Dicionario Enciclopédico Galego das TIC nace coa vocación de converterse no compendio documental de referencia que inclúa os termos e definicións conceptuais que expresan o amplo universo das TIC e da Sociedade da Información en Galicia. Promovido polo COETG, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, coa Universidade de Vigo a través da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación, e coa Real Academia Galega, a iniciativa responde ao interese do colexio profesional, para que as comunidades profesionais, tecnolóxicas e empresariais, así como alumnos e profesores de ensino medio en bacharelato e superior nas universidades, dispoñan de ferramentas lingüísticas que lles permitan expresar e entender, na lingua propia, todos os termos e conceptos que definen as TIC e a Sociedade da Información do noso país.



O Dicionario Enciclopédico Galego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, no que traballan máis de 30 expertos, conta coa supervisión técnica e científica da Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo e coa supervisión lingüística da Real Academia Galega. A súa produción desenvolverase en tres anos e aloxarase na web corporativa da AETG (www.aetg.gal) e nos dominios de Internet da ETSET de Vigo (www.teleco.uvigo.es) e da Real Academia Galega (www.realacademiagalega.org), actualizándose de xeito permanente e creándose na súa contorna grupos de traballo para o desenvolvemento conxunto da lingua e das tecnoloxías.


O COETG impulsa o Dicionario Enciclopédico Galego das Tic, que Dirixe Xavier Alcalá



Así mesmo, celebraranse catro seminarios lingua-tecnoloxía en distintas cidades galegas co propósito de difundir este proxecto a través dos medios de comunicación e incorporar, ao mesmo tempo, a personalidades locais dos ámbitos de interese.

O Comité conta con, ademais de co seu Presidente, o polifacético enxeñeiro superior de Telecomunicacións, escritor, compositor e articulista, Xavier Alcalá Navarro, con catro vicepresidentes nas persoas de Manuel González, secretario da Real Academia Galega (RAG), como vicepresidente primeiro; José María Pousada Carballo, director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo (ETSET), como vicepresidente segundo; Rafael Juanatey, subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, como vicepresidente terceiro e de Ramón María Lois Santos, secretario xeral do COETG e coordinador xeral do proxecto, que ocupa o cargo de vicepresidente cuarto. O xerente do COETG, Ricardo Fernández, ocupa o cargo de secretario do Comité Directivo do proxecto.


O COETG impulsa o Dicionario Enciclopédico Galego das Tic, que Dirixe Xavier Alcalá



O segundo bloque do acto conmemorativo do Día da Mundial das Telecomunicacións conectou estreitamente coa celebración do Día das Letras Galegas a través da reflexión sobre o futuro da lingua galega na era dixital, a cargo do secretario xeral do COETG, Ramón María Lois Santos, e da profesora de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universidade da Coruña, Pilar García Negro, quen, entre outras cousas, disertou sobre a fala e a lingua como proceso inacabado; sobre os síntomas e as consecuencias desta anomalía; de cómo o lingüístico non é só un problema lingüístico; de por qué segue a existir o conflicto lingüístico e dos parámetros da normalización, baixo o título: “O idioma galego: evidencias e necesidades”.


O COETG impulsa o Dicionario Enciclopédico Galego das Tic, que Dirixe Xavier Alcalá




Día das Letras Galegas-Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Interveñen:
  • D. Ramón María Lois Santos, Secretario Xeral do COETG.
  • Dna. Pilar García Negro, Profesora de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universidade da Coruña.

Clausura o acto o Conselleiro de Innovación e Industria, D. Fernando Xavier Blanco Álvarez.Ao remate do acto servirase un viño de honra.


Eventos Mércores 14 de maio de 2008


MÉRCORES, 14 DE MAIO: Da Sociedade da Información á Sociedade do Coñecemento en Galicia



Organizan: COETG-INEO

Lugar: Salón de Actos de Zona Franca, Area portuaria de Bouzas s/n, Vigo

Hora: 13:00 hs.

Interveñen:

  • D. Miguel Merino Gil, Vicedecano do COETG.
  • D. Jorge Cebreiros Arce, Presidente de INEO.
  • D. José de la Peña, Director de Relacións Corporativas Territoriais de Telefónica



Ao remate do acto servirase un viño de honra.

Expertos analizan en Vigo a situación actual das Telecomunicacións en Galicia e as tendencias de futuro

O salto da Sociedade da Información á Sociedade do Coñecemento, a debate nunha mesa redonda organizada polo COETG e por INEO

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, o 17 de maio, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) celebrou hoxe en Vigo unha mesa de debate baixo o título ‘Da Sociedade da Información á Sociedade do Coñecemento en Galicia’, na que se expuxeron as claves do presente e do futuro da Sociedade da Información a nivel galego.


Na mesa redonda interviron o vicedecano da COETG, Miguel Merino Gil; o xerente da Asociación Multisectorial das NovasTecnoloxías da Información e da Comunicación en Galicia (INEO), Manuel Soliño Bermúdez; e o director de relacións corporativas territoriais de Telefónica, José de la Peña Aznar.


Expertos analizan en Vigo a situación actual das Telecomunicacións en Galicia

Expertos analizan en Vigo a situación actual das Telecomunicacións en GaliciaDurante a súa intervención, De la Peña analizou catro realidades sobre o estado actual das telecomunicacións en Galicia e catro tendencias de cara ao futuro no mesmo eido. Entre os cambios máis significativos que citou no seu relatorio, destaca a incorporación da banda larga, tanto fixa como móbil, e os cambios no modelo de negocio e sectores influenciados polas TIC.


Baseándose no Informe Telefónica sobre a Sociedade da Información do pasado ano 2007, espuxéronse tamén os principais trazos da sociedade da información a nivel español, aplicables tamén ao modelo galego. Entre eles, subliñaron especialmente o crecemento do número de internautas e o uso intensivo de servizos ou a banda larga e a súa mellora de forma progresiva, que se estende xa a áreas rurais. Este último aspecto é unha característica especial no caso galego, que está tentando levar as novas tecnoloxías aos núcleos de poboación máis dispersos do territorio.


Así mesmo, a nova Sociedade da Información e do Coñecemento está marcada, tal como sinalaron os expertos nos seus discursos, polos movementos de concentración das grandes empresas e medios electrónicos, a busca de novas categorías de terminais, a revolución da televisión cara a Televisión Dixital Terrestre (TDT) ou a transformación do ocio e dos servizos de entretemento.


Eventos Xoves 15 de maio de 2008


XOVES, 15 DE MAIO: Participación do COETG no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas organizado pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia.



Hora: 13:00 hs.

Asistiron en representación do COETG o Decano, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, e o Xerente, Ricardo Fernández Fernández

Participación do COETG no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas, organizado pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia

Participación do COETG no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas, organizado pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia



Eventos Venres 16 de maio de 2008


VENRES, 16 DE MAIO: As TIC e o Dereito á Saúde

Organiza: COETG.

Colabora: Consellería de Sanidade.

Lugar: Hotel Meliá María Pita-A Coruña

Hora: 13:30 h.

Interveñen:

  • D. Ramón Bermúdez de Castro Olavide, Decano do COETG.
  • Dna. Mar Pereiro Álvarez, Subdirectora Xeral de Información e Servizos
    Tecnolóxicos. Consellería de Sanidade.
  • D. Ricardo Fernández Fernández, Xerente do COETG.



Clausura o acto a Conselleira de Sanidade, Dna. María José Rubio Vidal.



O COETG insta á Consellería de Sanidade a
acelerar a implantación e o desenvolvemento da telemedicina en Galicia

Nunha xornada na Coruña, expertos avogaron por empregar sistemas como a receita electrónica ou a dixitalización da imaxe no eido sanitario co fin de mellorar a calidade de vida das persoas

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) considera as novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) unha ferramenta clave de cohesión social que pode aproveitarse en diversas magnitudes da vida cotiá. Por este motivo, e para conmemorar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebra mañá, 17 de maio, o COETG faille un chamamento á administración para aproveitar as TIC na mellora da calidade da sanidade pública a través, fundamentalmente, da telemedicina.

Para festexar esta data, o COETG, en colaboración coa Consellería de Sanidade, vén de celebrar unha mesa redonda presidida pola titular do departamento, María José Rubio Vidal, que levou por título ‘As TIC e o dereito á Saúde’, e no que que interviron tamén o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide; a subdirectora xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos, Mar Pereira Álvarez e o xerente do COETG, Ricardo Fernández Fernández.

O COETG insta á Consellería de Sanidade a acelerar a implantación e o desenvolvemento da telemedicina en Galicia

Durante a xornada, os relatores insistiron na importancia de aproveitar os avances tecnolóxicos para posibilitar a mellora dos servizos sanitarios. Entre os adiantos a implantar, destacaron a telemedicina, a tarxeta electrónica ou a dixitalización da imaxe. Neste sentido, referíronse ao importante papel do proxecto Rede de Saúde, iniciado pola Consellería de Sanidade en 2006 como ferramenta de innovación para a mellora da xestión dos centros sanitarios e para achegar á cidadanía uns servizos sanitarios de calidade.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia insistiu tamén na importancia de fomentar as TIC na sanidade a fin de mellorar a calidade de vida das persoas, conectando co lema que a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) escolleu este ano co gallo da conmemoración do 17 de maio: ‘Conectar ás persoas con discapacidades: as oportunidades das TIC para todos’. Así, a través dunha mellor aplicación das tecnoloxías no eido sanitario, conseguiríase tamén superar a fenda dixital e facilitar deste xeito o acceso de todos os cidadáns por igual a mellores e máis rápidos servizos de saúde.

VENRES, 16 DE MAIO: I Concerto das Telecomunicacións

Organiza: COETG.

Patrocina: Fundación Caixa Galicia.

Lugar: Auditorio da sede da Fundación Caixa Galicia (A Coruña)

Hora: 20:30 h.

Reserva de entradas: tel. 981919300

Descargar programa

O I Concerto das Telecomunicacións reune na Coruña a máis de douscentos enxeñeiros

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia organiza a primeira edición deste evento no marco da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións

Co gallo do Día Mundial das Telecomunicacións, que se celebra o 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas, o COETG organiza unha serie de actos nos que se conmemora esta data, entre os que se atopa o I Concerto das Telecomunicacións, que tivo lugar esta tarde no Auditorio da Fundación Caixa Galicia na Coruña.

O concerto, no que se deron cita máis de douscentos enxeñeiros, estivo interpretado pola Orquestra de Cámara de Galicia, e dirixido polo compositor, director e pedagogo Rogelio Groba, autor de preto de trescentas obras que abarcan todos os xéneros.

O repertorio estivo integrado por Zarabanda sobre un tema de Haendel, de R. Groba; Concerto en La Menor de J.S. Bach; Introducción e rondó caprichoso, de C.Saint-Saëns e A casa do demo, de L. Boccherini.


Eventos Sábado 17 de maio de 2008

SÁBADO, 17 DE MAIO: Publicación do Manifesto do COETG nas principais cabeceiras de prensa escrita de Galicia.

Manifiesto do COETG co gallo do día Mundial das Telecomunicaciónes e da Sociedade da Información 2008
Descargar o Manifesto