Dispoñible a gravación da Conferencia de Humberto Bustince "A revolución da Intelixencia Artificial na Medicina Actual"

Xa está dispoñible na canle de Youtube da AETG para aqueles que non puideron asistir, a conferencia sobre Intelixencia Artificial impartida polo catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Humberto Bustince, o pasado día 3 de outubro na Cidade da Cultura, en base ao convenio asinado coa Amtega para a promoción das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

O relator, analiza en profundidade os efectos do Big Data e a Intelixencia Artificial na Medicina, na primeira das dúas xornadas programadas na Cidade da Cultura en base ao citado convenio. A segunda das xornadas terá lugar o vindeiro día 28 de octubro baixo a temática dos Xemelgos Dixitais no sector naval, da que proximamente ampliaremos información.

"Revolución IA en la Medicina Actual"



bustince conf_0.jpeg

IMG_3065web.jpg