Para os que non a puideron seguir en directo, xa está dispoñible a conferencia sobre Intelixencia Artificial impartida por Iago González o pasado día 17 de setembro no GaiasTech. Este acto celebrouse enmarcado no plan de accións de difusión e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación que a AETG está organizando xunto coa Amtega.
Accede ao vídeo:
"Aplicacións da Intelixencia Artificial nos servizos públicos"
A xornada foi presentada polo Director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez Quelle e polo Presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo.

Durante o relatorio Iago González centrou a súa exposición nas posibilidades do procesamento da linguaxe para o seu uso en asistentes conversacionais e en tecnoloxías como as de recoñecemento de voz e o seus casos de uso, en combinación con servizos e desenvolvementos actuais para ampliar, mellorar, axilizar e optimizar custes en servizos do día a día.
