Dispoñible a gravación da conferencia de Óscar García "A contribución da 5G á sostibilidade"

Para os que non a puideron seguir en directo, xa está dispoñible a conferencia sobre 5G impartida por Óscar García Cantón o pasado día 15 de outubro. Este acto celebrouse enmarcado no plan de accións de difusión e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación que a AETG está organizando xunto coa Amtega.

Accede ao vídeo:

"A contribución da 5G á sostibilidade"

A xornada foi presentada polo Director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez Quelle e polo Presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo.

Durante o relatorio o experto en 5G, Óscar García Cantón, centrou a súa exposición nas funcionalidades da tecnoloxía 5G sostibles para a contorna natural, os beneficios medioambientais a través da aplicación da 5G en diferentes sectores económicos e a explicación dalgúns casos de uso.

xornada5gweb.jpeg