Dispoñible a gravación da conferencia de Xoel Vázquez "Realidade estendida para a formación do futuro"

Para os que non a puideron seguir en directo, xa está dispoñible a conferencia sobre realidade virtual e extendida impartida por Xoel Vázquez o pasado día 7 de xullo no GaiasTech. Este acto celebrouse enmarcado no plan de accións de formación, difusión e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación que a AETG está organizando xunto coa Amtega.

Accede ao vídeo:

"Realidade estendida para a formación do futuro"

A xornada foi presentada polo Director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez Quelle e polo Director-Xerente da AETG, César Mariñas.

rea_22.2.preview.jpg

Durante o relatorio Xoel Vázquez centrou a súa exposición nas achegas das realidades estendidas no eido da educación e a formación. Amosasou tamén diferentes casos de uso e tendencias sobre a tecnoloxía de realidade aumentada e virtual nas aulas e no ámbito privado da industria 4.0, sanidade e outros campos de aplicación práctica.

rea_22.1.preview.jpg

rea_22.3.png