DMTSI 2011

Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2011, que este ano se celebra baixo o lema “Unha vida mellor nas comunidades rurais coas TIC”, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan os seguintes eventos:


- Conferencia “TIC e a empresa nos parques empresariais de Galicia” que terá lugar en Vigo e na que contamos, a parte da participación co COETG/AETG, coa co-organización da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT), de INEO, Asociación Multisectorial das Novas Tecnoloxías da Información e da comunicación de Galicia e a colaboración da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). A conferencia terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo ás 11.30 horas e nela participarán o noso Decano/Presidente, D. Ramón Bermúdez de Castro, Dna. Edita de Lorenzo, Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; D. Fernando Pérez, Director Xeral de GRADIANT; D. Jorge Cebreiros, Presidente de INEO e D. Santiago Gómara, Presidente da FEGAPE.


Martes 17 de maio: “A Nosa Rede especial DMTSI 2011”

- “A Nosa Rede especial DMTSI 2011” Publicación do Monográfico especial da revista A Nosa Rede, xunto co xornal La Voz de Galicia na súa edición xeral, que inclúe o Manifesto que todos os anos realiza o noso Decano/Presidente, con motivo deste Día.


Descargar "A Nosa Rede" (Maio 2011)

Venres 20 de maio: “IV Concerto das Telecomunicacións”

- “IV Concerto das Telecomunicacións” Celebración do xa tradicional Concerto das telecomunicacións, que terá lugar na Fundación Caixa Galicia, o vindeiro venres día 20 de maio ás 20.30 horas e correrá a cargo do cuarteto Tegra e o dúo Orlova-Jelihovski que interpretarán pezas varias clásicas. Imprescindible recoller entrada previamente (teléfono 981.596.612).

Concerto

Descargar programa do concerto