Encontro Virtual para conmemorar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza o encontro virtual Intelixencia artificial ao servizo da lingua en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021. Terá lugar o vindeiro venres 28 de maio ás 11.00 horas e contaremos coa participación de PuntoGal.

Programa e inscrición

Enmarcada nos actos de conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a xornada consistirá nun coloquio no que intervirán os máximos representantes de ambas entidades, Manuel González González, presidente de PuntoGal e Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG, moderados polo xornalista Manuel Blanco Casal. O evento celebrarase a través da plataforma Zoom.

Acto organizado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) enmarcado no plan de accións de difusión de 2021, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2021.

encontro_dmtsi21.jpg