Encontro Virtual para conmemorar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información


"Desafío 2030: Conectar Galicia ao mundo rexido polos datos"

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza o encontro virtual Desafío 2030: Conectar Galicia ao mundo rexido polos datos en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2020. Terá lugar o vindeiro venres 22 de maio ás 12.00 horas e contará coa participación de PuntoGal e a AETG .

Programa e inscrición

xornadadmtsi2020.jpg

Enmarcada nos actos de conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a xornada consistirá nun debate no que intervirán os máximos representantes de ambas entidades, Manuel González González, presidente de PuntoGal e Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG, moderados polo xornalista Manuel Blanco Casal. O evento celebrarase a través da plataforma Zoom.

Acto organizado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) enmarcado no plan de accións de difusión de 2020, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2020.