Entra en funcionamento o Programa "Escoita", tecnoloxía ao servizo das persoas con dificultades visuais

O próximo mes de outubro entrará en funcionamento o sistema "Escoita", un proxecto pioneiro para que as persoas con problemas visuais teñan acceso en tempo real á narración dos encontros deportivos que se celebren no estadio de Riazor e o Palacio dos Deportes de A Coruña. A iniciativa partiu dun afeccionado do Deportivo con discapacidade visual, Jesús Suárez, que contactou entre outras entidades, co Colexio para buscar unha solución para que as persoas con dificultade ou discapacidade visual poidan recibir en tempo real a audio-descrición das actividades que se retransmitan nos dous principais escenarios deportivos da cidade.

A achega do COETG, veu da man do enxeñeiro de telecomunicación, Javier Fernández Fraga, quen realizou labores de asesoramento técnico para desenvolver o proxecto.

A implantación deste sistema será posible grazas ao concello da Coruña coa colaboración doutras entidades como a Universidade da Coruña, o RC Deportivo, varias emisoras radiofónicas e a ONCE, ademais do COETG.

escoita.jpg