Onte no programa de radio "La brújula de Galicia efecto Nova" de Onda Cero, foi entrevistado o decano/presidente COETG/AETG, Julio Sánchez Agrelo, con motivo da publicación do Anteproxecto de Ley Xeral de Telecomunicacións cuxa fase de audiencia e información públicas rematou o pasado 13 de outubro. Este novo texto pretende mellorar o servizo aos usuarios respecto á Lei 9/2014, de 9 de maio, Xeneral de Telecomunicacións, na que se introducían reformas estruturais no réxime xurídico das telecomunicacións dirixidas a facilitar o despregamento de redes e a prestación de servizos por parte dos operadores. Julio Sánchez Agrelo, explica os principais cambios desta nova lei respecto á anterior e cuestións de interese para os usuarios finais.
Acceso ao podcast
Tendo en conta a importancia crecente e estratéxica que presenta o sector das telecomunicacións, a aprobación da presente Lei constitúe unha das principais medidas do Plan España Dixital 2025. Este Plan, presentado polo Goberno o 24 de xullo de 2020, ten por obxectivo impulsar o proceso de transformación dixital do país, de forma aliñada coa estratexia dixital da Unión Europea, mediante a colaboración público-privada e coa participación de todos os axentes económicos e sociais.