Éxito de participación na xornada sobre Eficiencia Enerxética celebrada onte en Santiago

Grazas á empresa Telecon e ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, máis dunha treintena de enxeñeiros de telecomunicación puideron coñecer de primeira man o papel que xogan as tecnoloxías da información e as comunicacións na mellora de eficiencia enerxética, na xornada celebrada onte en Santiago de Compostela.

O obxectivo principal da xornada foi o de presentar as oportunidades que ofrece a eficiencia enerxética ao enxeñeiro de telecomunicación, o panorama xeral da normativa actual aplicable e a descrición de proxectos reais de monitorización e control enerxético no sector empresarial.

No contido da xornada, acadou especial importancia a definición práctica dun proxecto aplicado a sectores en concreto e o coñecemento das tecnoloxías e dispositivos que actualmente se implantan.

img_6119_web.jpg