Éxito no Culturgal coa experiencia de Realidade Virtual do COETG esta fin de semana en Pontevedra

Esta fin de semana tivo lugar en Pontevedra Culturgal, a Feira da Actividade Cultural en Galicia, unha cita de referencia que este ano tivo lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema “Dálle unha volta á Feira!”. Durante 3 días a Feira presentou un programa de actividades en diferentes escenarios cunha programación realizada con propostas de empresas, artistas e institucións. O COETG e a AETG que, compartindo stand coa Asociación Puntogal, presentou o equipo de Realidade Virtual co que os usuarios puideron gozar dunha experiencia inmersiva de realidade virtual sendo protagonistas dos grandes fitos da historia nos que as telecomunicacións xogaron un papel importante do desenvolvemento da sociedade.



culturgal1.jpg

culturgal2.jpg