Experimenta a Realidade Virtual e visítanos durante o Foro Tecnolóxico de Emprego!

O COETG/AETG estarán presentes nunha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que terá lugar do 4 ao 6 de marzo nas instalacións das Escolas de Telecomunicacións, Industriais e Minas da Universidade de Vigo. Animamos a tódolos interesados a visitarnos o xoves día 5 de marzo ás 11 horas na sala de xuntas da Escola de Telecomunicacións onde os os asistentes poderán vivir unha experiencia inmersiva de Realidade Virtual que lles amosará a historia das telecomunicacións e o rol fundamental dos enxeñeiros na transformación da sociedade.

IMG_0430.JPG