Galicia convértese en escenario de probas da futura banda larga europea

Dentro do marco da Axenda Europea Dixital 2020, que promove a Comisión Europea, vaise a diseñar un novo sistema capaz de transmitir e recibir información por internet a unha velocidade de ata 30 Gbps, é dicir, 300 veces máis rápido que velocidade actual, para que Europa poida competir con países como Corea do Sur ou Xapón.

Este aumento da banda larga permitirá ademais unha cobertura maior en zonas de difícil acceso, como a zona rural, polo que a orografía galega compre a ser un escenario idóneo como campo de probas para ensaios futuros da futura banda larga europea.

Para desenvolver este proxecto denominado BATS (Broadband Access via Integrated Terrestrial & Satellite Systems), financiado polo 7º Programa Marco da Unión Europea, creouse un consorcio formado por diversos centros de investigación e operadores de telecomunicacións europeos, entre os que se atopa o operador galego R e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant.

bats-e9036.jpg