Importante participación do COETG no Tour tecnolóxico @asLAN 2012

O día 19 de setembro comezou en A Coruña unha nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN no que, como en anteriores edicións, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia estivo presente. Tralo acto de inauguración a cargo do Decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, desenvolveuse un intenso programa de conferencias sobre aspectos fundamentais para dispor dunhas infraestruturas de alto rendemento e fiabilidade, que soportan o crecente uso das tecnoloxías na empresa e as necesidades de mobilidade: WLAN, DataCenter, BYOD, ...

Nesta primeira xornada do Tour, destacamos a participación do voceiro da xunta de goberno do COETG, Fernando Cendán, no "Coloquio – Debate: Estratexias, iniciativas e actuacións rexionais alineadas con Axenda Dixital para Europa".

Este ano o Tour desenvolverase con foros que terán lugar en 5 cidades españolas: A Coruña, Barcelona, Sevilla, Valencia e Bilbao. Na súa VII edición, o Tour Tecnolóxico @asLAN, consolídase como unha oportunidade tanto para actualizar coñecementos, como para identificar tendencias de futuro: SmartEnergy, IOT, Consumerización,...

aslan1.jpg