Información sobre a Adaptación das instalacións

tdt2.jpg


Comproba a túa instalación

A Televisión Dixital Terrestre recíbese nos fogares a través da instalación de antena de televisión convencional, xa sexa individual ou colectiva, para o que, nalgúns casos, pode resultar necesaria unha pequena adaptación destas instalacións.

  • En vivendas con instalación de antena individual:
  • En principio non será necesaria unha adaptación específica a non ser que a instalación requira substituír ou renovar parte da instalación (amplificador, cableado, repartidores, …)

  • En edificios con instalación colectiva:
  • Será necesario, como mínimo, a adaptación dos equipos de cabeceira de televisión engadindo amplificadores das canles dixitais. Tamén deberá terse en conta a antigüidade da vivenda e o estado de conservación da instalación xa que pode ser necesario realizar unha adaptación para a recepción de todas as canles de TDT.

Precisarase, polo tanto, consultar cun instalador rexistrado ou cunha empresa instaladora de telecomunicacións autorizada polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Aquí pódense consultar os instaladores mais próximos. Desta forma serán profesionais cualificados os que valoren e realicen as actuacións que a instalación do edificio precise.

Pasos a seguir para a modificacións da instalación da antena colectiva:

  • Poñerse en contacto co presidente da comunidade no caso de pertencer a un edificio de instalación colectiva.
  • Contactar con varias empresas instaladoras de telecomunicación inscritas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións e especialistas en instalacións de televisión dixital.
  • Acordar as actuacións necesarias coas empresas instaladoras para realizar a actualización da instalación, mediante a solicitude dun orzamento detallado coas medidas a levar a cabo e custo asociado.
  • Unha vez aprobado o orzamento, contratar á empresa que mellor se axuste ás súas expectativas para a realización dos servizos contemplados.
  • Finalmente, logo de realizar a instalación, a comunidade de propietarios deberá esixir á empresa instaladora o Boletín de Instalación e o seu correspondente Protocolo de Probas como garantía da instalación, documento que é necesario para calquera reclamación ante os organismos competentes.