
Desde o 26 de setembro do 2019 e ata o 30 de setembro de 2020 está aberto prazo de solicitude de axudas públicas para a adaptación dos sistemas de recepción do sinal de televisión nos edificios afectados pola liberación do segundo Dividendo Dixital.
As comunidades de propietarios que precisen realizar os cambios (edificios con instalación de antena colectiva, con sistemas monocanle ou centraliñas programables), deberán poñerse en contacto cun instalador de telecomunicacións rexistrado para efectualos. A información de contacto pode atopala no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD). Non será preciso realizar esta adaptación nas vivendas unifamiliares e en edificios con instalación de antena comunitaria con amplificadores de banda ancha.
Así mesmo, en xeral, non se verán afectados polo cambio de frecuencias as vivendas da provincia de A Coruña, agás as que reciban o sinal de televisión dalgún centro emisor situado nas áreas xeográficas de Lugo ou Pontevedra.
As axudas poden solicitarse únicamente por vía telemática e a traveso do seguinte enlace https://sede.mineco.gob.es/portal/site/sede/procedimiento_dd2
As contías da subvención oscilan entre 104,3€ ata 677,95€ por edificación, en función dos cambios precisos para a adaptación.
O solicitante deberá cumprimentar o formulario electrónico habilitado e aportar a documentación en formato electrónico que resulte esixible.
Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.