Entre os actos organizados polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2013, o pasado día 7 de maio tivo lugar a visita á Fragata F-102 “Almirante Juan de Borbón” e aos escenarios más destacados do recinto do Arsenal Militar de Ferrol na que participaron un importante grupo de colexiad@s e acompañantes.
A visita consistiu na realización dun percorrido polo buque no que se visitaron as antenas da cuberta, os equipos de comunicacións SMN e GMDSS, os sistemas e pantallas do Centro de Información e Combate (CIC) así como os terminais de voz. Os asistentes tiveron tamén oportunidade de coñecer as principais construccións ubicadas no recinto do Arsenal de gran valor arquitectónico.