Invitación ao V congreso internacional de CIOS organizado por APD

En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de balde a tódalas conferencias que terán lugar durante a quinta edición do Congreso internacional de CÍOS que terá lugar durante o 7 e 8 de novembro en Santiago de Compostela. Durante o congreso que se celebrará en formato presencial e que tamén poderá seguirse en liña, descubriranse as claves para entender o impacto da revolución tecnolóxica en todo tipo de negocios

Os asociad@s/colexiad@s interesados deberán enviar un mail a comunicacion@aetg.gal solicitando código de invitación para poder facer a inscripción para asistir presencialmente ao congreso.

Programa e inscricións

Congreso CIOS.jpg