O vindeiro 16 de setembro terá lugar no clube de Golf Xaz de Oleiros, o cuarto torneo que o Consello Galego de Enxeñerías organiza para os enxeñeiros colexiados.
Hai 50 prazas patrocinadas, a un prezo de 35 €, para colexiados do CGES, que se repartirán entre os oito colexios: Agrónomos; Camiños, Canles e Portos; Industriais; ICAI; Minas; Montes; Navais e oceánicos e Telecomunicación. Os interesados en participar poderán realizar a preinscrición no seu respectivo colexio, ata o domingo 03/09/2023 ás 24:00 h.
Formulario de preinscrición
Máis información
