Lugo quere estar na vangarda dixital co seu Edificio de Novas Tecnoloxías

Finalmente e tal e como anunciamos dende Código Cero, inaugurouse o venres 24 o Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo, un centro TIC ao servizo da cidadanía para, en palabras do Concello, situar a cidade na vangarda dixital. Amais de fornecer gratuíta e libremente tecnoloxías e servizos (computadores, accesos, programas, etc) para que a veciñanza saque o máximo proveito da Sociedade do Coñecemento, un dos obxectivos que alentaron a posta en marcha do Edificio foi a vontade do Concello de dinamizar o casco histórico e asentalo como referente de cara ás cuestións tecnolóxicas locais. Máis en detalle, con esta nova infraestrutura pública no corazón da zona vella (trátase dun inmóbel anexo ao consistorio, recentemente remodelado), o Goberno local “ten vontade de achegar un punto neurálxico dos recursos tecnolóxicos da cidade, dirixido a todos os públicos e de todas as idades”.

Fonte: codigocero.com

Ver nova