Desde a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e coma sempre coa colaboración do COETG, lanzamos un novo número da revista corporativa A Nosa Rede na que baixo o título "Telecomunicacións: infraestruturas vitais", reflexionamos sobre a importancia das infraestruturas de telecomunicacións, que nos últimos meses fíxose máis patente se cabe, debido á situación tan especial que estamos vivindo. Como en anteriores publicacións, contamos coa participación de entidades e empresas que a través dos seus artigos, achegan información sobre proxectos e iniciativas actuais e ofrecen a súa perspectiva sobre a temática.
A Nosa Rede (galego) A Nosa Rede (castellano)
