Desde a AETG e coma sempre coa colaboración do COETG, lanzamos un novo número da revista corporativa A Nosa Rede na que baixo o título "Intelixencia Artificial Telecomunicada" reflexionamos sobre o avance do mundo cara unha vida humana altamente axudada polas máquinas lóxicas e a simbiose da intelixencia artificial e a telemática. Contamos coa participación das empresas colaboradoras que a través dos seus artigos, achegan información sobre proxectos e iniciativas actuais e ofrecen a súa perspectiva sobre a temática.
Acceso ás publicacións:
A Nosa Rede en galego A Nosa Rede en castellano
