O COETG acompañou no seu Acto de Gradación á Promoción 2012 da EET

O vicedecano do COETG, Miguel Merino Gil, deu a benvida ao mundo profesional aos recentemente graduados das tres titulacións da Escola de Enxeñería de Telecomunicación e animounos a participar na vida colexial.

Durante o acto recibiron o seu diploma 35 estudantes de Enxeñaría de Telecomunicación, 14 da especialidade en Sistemas de Telecomunicación e 8 da especialidade en Son e Imaxe.

A apertura do tradicional Acto de Graduación correu a cargo de D. Manuel J. Fernández Iglesias, Vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo. Nel interviñeron a Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Edita de Lorenzo; a Directora do Instituto de Investigación AtlantTIC, Dª Nuria Glez. Prelcic; a Directora Xeral de INEO, Lucía de Gregorio; o Director de Area Multimodal de GRADIANT, Luis Pérez; o Vicedecano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Miguel Merino e a Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Educación, Concello de Vigo, Raquel Díaz. De todos recibiron verbas de ánimo, de ilusión e de apoio.

Como cada ano, o alumnado escolleu os seus padriños, Artemio Mojón, foi o padriño da XXIII Promoción de Enxeñeiros de Telecomunicación e Yolanda Pérez, foi madriña da 7ª Promoción de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, na especialidade de Son e Imaxe e da especialidade de Sistemas de Telecomunicación.

Posteriormente tivo lugar a intervención da representación do alumnado que deu paso a entrega de diplomas. O peche do Acto levouno a cabo Manuel J. Fernández Iglesias.

700x465-gal9.thumbnail.jpg
gal8.thumbnail.jpg