O COETG acompañou no seu Acto de Graduación ao estudantado do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo

O venres 3 de xuño celebrouse o acto de graduación da VII promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET) no que 25 estudantes da Escola de Vigo recibiron as súas respectivas bandas. Durante o evento estiveron acompañados por Rebeca P. Díaz Redondo, directora da Escola de Enx. de Telecomunicación; César Mariñas Dávila, secretario técnico COETG e xerente AETG; Gabriel Gómez Celaya, CEO Marine Instruments; Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant e Abel Caballero, alcalde de Vigo. De todos recibiron consellos e verbas de ánimo, de ilusión e de apoio.

Tamén participaron Tomás Prado Rial e Álvaro Vázquez Rodríguez en representación do estudantado e o profesor da mesma Escola, José Carlos Ardao, como padriño desta 7ª promoción do MET.

O acto finalizou coa tradicional entrega de diplomas e bandas de graduación.

DSC7653.lightbx.jpg

IMG_4761 ok.jpg