O COETG celebra a V edición do Concerto das Telecomunicacións

Co gallo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, que se celebrou o pasado 17 de maio coincidindo en Galicia co Día das Letras Galegas, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) celebrou o V Concerto das Telecomunicacións, que este ano tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña.

concerto.jpg

O evento organizado polo COETG foi amenizado polo “Trío Klásico” e reuniu a preto de 150 persoas entre enxeñeiros de Telecomunicación, representantes da industria TIC galega e demais autoridades municipais e autonómicas. Os asistentes puideron gozar coa interpretación dun variado repertorio de pezas clásicas de Telemann, Glier e Mendelssohn, interpretadas por Javier Grela ó piano, Hayk Manukyan ó violín e Clara Groba ó Cello.

2.jpg

Esta celebración foi o colofón da axenda de actividades conmemorativas do COETG programadas con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012.

concerto3.jpg