O COETG convoca eleccións á Xunta de Goberno Territorial do COETG para o vindeiro día 7 de xuño

A Xunta de Goberno Territorial acordou a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS á Xunta de Goberno Territorial do COETG para o vindeiro día 7 de xuño de 2013, de conformidade co disposto nos vixentes Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Xerais do COIT. No caso de estar interesados, @s colexiad@s poderán presentar a súa candidatura á Mesa Electoral ata o día 21 de abril de 2013 data que, ao coindicir en día non laborable, amplíase ata o día 22 de abril de 2013 ás 11.00 horas da mañán, a traveso da Secretaría do COETG, de acordo co Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Xerais do COIT. É imprescindible que a efectos de necesidade dunha posible comunicación urxente por parte da Mesa Electoral coa candidatura presentada se especifique un número de teléfono de contacto e un correo electrónico. Toda a información relativa a este proceso electoral irase actualizando a traveso da web no banner que se habilitará a tal efecto. Calquera dúbida ou consulta que se queira realizar sobre este proceso electoral, pódese dirixir ao correo electrónico administracion@coetg.es. Regulamento Particular de Funcionamento do COETG Estatutos Xerais do COIT.
Inicie sesión para ler o contido completo