O COETG e AETG visitan as instalacións da CRTVG

Para conmemorar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2014, un grupo de asociad@s/colexiad@s acompañaron ao COETG e AETG na visita realizada ás instalacións da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, a CRTVG, o xoves 8 de maio.

20140508_180751_resized.jpg

Durante unha duración aproximada de 3 horas visitáronse tanto as instalacións da Televisión de Galicia como as correspondentes da Radio Galega. Guiados da man dos enxeñeiros de telecomunicacións do equipo directivo e técnico do departamento de Enxeñería da Televisión de Galicia, puidose coñecer tanto os equipos de telecomunicacións como as salas de posprodución de vídeo e os estudios da compañía. Visitouse tamén o arquivo e as instalacións de Retegal.

A TVG transmite as 24 horas do día en dúas canles dixitais terrestres e dúas canles de satélite para América e Europa. A cadea chega a case 4 millóns de persoas no noroeste de España (cubrindo Galicia e os territorios circundantes) e o Norte de Portugal. As grellas de programación abranguen noticias, concertos, programas culturais, contidos infantís, concursos, xogos, series, filmes, debates e deportes. Destes espazos, máis do 60% é de produción feita con recursos propios da compañía.

20140508_180751_resized.jpg

As 3 canles da Radio Galega ofrecen información, música e programación especial. As emisións de radio incentivan a interacción co público a través das tecnoloxías da información máis innovadoras. A Radio Galega ten un papel primordial na promoción da música de Galicia e isto repercute na apertura dos seús estudios para producir discos e concertos de música en directo.

20140508_183237_resized.jpg

Información sobre a CRTVG

result_1.jpg