O COETG participa no Tour Tecnolóxico asLAN 2019

Onte tivo lugar en Santiago de Compostela a terceira das xornadas do Tour Tecnolóxico asLAN 2019 na que o COETG participou como entidade colaboradora. Conceptos como Intelixencia Artificial, Redes 5G, entornos #MultiCloud, etc. centraron as temáticas das diferentes ponencias, por seren tecnoloxías que están introducindo cambios vertixinosos nos departamentos de innovación das empresas e entidades e ofrecen grandes oportunidades para desenvolver novos servizos a startups, compañías tecnolóxicas e de cualquera outro sector. O Secretario do COETG, Ricardo Fernández, foi o encargado de clausurar o acto, ao que asistiu un importante número de profesionais e representantes do sector, interesados en coñecer de primeira man as últimas tendencias e innvación das empresas participantes.

IMG_6071.JPG

IMG_6070.JPG