O COETG presente na xornada "As TIC e a e-administración no marco das Smart Cities"

O venres 9 de maio representantes do COETG/AETG participaron na xornada "As TIC e a e-administración no marco das Smart Cities", organizada por CONETIC coa colaboración de Ineo, na que tamén participaron representantes dos catro concellos galegos que están a levar a cabo iniciativas de Smart City e diversas empresas tecnolóxicas que puxeron en común a súa experiencia no desenvolvemento de proxectos para contornas intelixentes.

Os primeiros deron a coñecer as necesidades das súas concellos no ámbito da sustentabilidade da Administración Pública, e os segundos presentaron as solucións existentes en áreas como a participación cidadá, a mobilización de servizos públicos, conectividad ou seguridade.

O evento foi presentado polo presidente de INEO e CONETIC, Jorge Cebreiros, e contou coa participación do Eixo Atlántico, da Federación de Empresarios Novos de Galicia.

Realizada a presentación o representante do COETG/AETG, Ricardo Fernández realizou a súa intervención baixo o título "O desenvolvemento sostible nas Administracións Públicas.

Durante a xornada desenvolvéronse tamén actividades de networking entre administracións, empresas TIC e axentes tecnolóxicos e económicos coa finalidade de identificar necesidades e nichos de oportunidade, xerando sinerxías entre todos os axentes implicados.

Realizáronse dúas mesas coloquio. A primeira baixo o título Necesidades da Administración Local nas Smart Cities foi moderada pola directora xeral de INEO, Lucía Gregorio, e estivo integrada por representantes dos concellos de Tomiño, Lalín, Monforte de Lemos e a eurocidade Chaves-Verín, serviu para definir cales son as principais necesidades e demandas comúns aos concellos galegos neste ámbito, como a integración e posta en marcha de ferramentas de tramitación electrónica ou facer a eAdministración máis próxima ao cidadán.

Na segunda mesa, Tecnoloxías existentes para a e-Administración e Participación Pública, moderada pola directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, Edita de Lorenzo, participaron empresas con experiencia na materia adquirida grazas á súa participación en proxectos smart en colaboración con administracións locais. Estas empresas amosaron distintas soluciones TIC que poden ofrecen grandes posibilidades de mellora da eficiencia e sustentabilidade aos concellos galegos.

foto_ricardo_dmtsi.jpg