Hoxe martes día 20 de marzo, arranca a duodécima edición do Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo na que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participa activamente. Por unha banda, estará presente no Foro a traveso dun Stand expositivo no que se informa aos asistentes, das funcións e servizos que ofrecen o COETG e a AETG aos enxeñeiros de telecomunicación e por outra banda, coa impartición dunha conferencia a cargo dos responsables do Departamento Técnico do COETG, baixo o título "A práctica do Exercicio Profesional polos Enxeñeiros de Telecomunicación" na que transmitirán aos futuros profesionais da enxeñería de telecomunicación, as diferentes posibilidades do exercicio profesional.
Mais información
Iniciar sesión
Buscar
A Nosa Rede 2022
YouTube
Enlaces de interese
Accede aos enlaces de interese
Enlaces de interese
O COETG presente no XII Foro Tecnolóxico de Emprego
Martes 20 de Marzo de 2012