O COETG/AETG participa nunha xornada sobre a loita contra a desinformación do Colexio de Xornalistas de Galicia

O día 28 de novembro o Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia reune en Santiago de Compostela un grupo de expertos para debater sobre a desinformación e as ameazas á liberdade de expresión nunha xornada que terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC baixo o título "Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos".

A participación do COETG/AETG na xornada, no marco do convenio de colaboración asinado co Colexio de Xornalistas, estará definida pola participación da Vicedecana/Vicepresidenta do COETG/AETG, Edita de Lorenzo, na mesa redonda "Ameazas para a información no mundo dixital", tamén en representación da Universidade de Vigo. Na mesa participarán outros expertos da Universitat Oberta de Catalunya, a Universidad Carlos III e a Universitat de València.

A inscrición nas xornadas é gratuíta até completar o aforo do auditorio e pode realizarse a través do formulario dispoñible na rede. Ás persoas asistentes entregaráselles un diploma acreditativo.

Programa da xornada
Máis información e inscricións

xornalistas.jpg