O concello de Santiago de Compostela convida ao Taller Informativo da Consulta Preliminar ao Mercado SMARTiAGO

O luns día 2 de decembro ás 10.00 horas dará comezo en Santiago de Compostela o taller informativo da Consulta Preliminar ao Mercado de SMARTiAGO organizada polo concello. A sesión está dirixida a todas aquelas entidades, empresas e axentes de innovación con interese en participar nesta consulta na que se resolverán posibles dúbidas sobre os retos de SMARTiAGO e se explicará o funcionamento da ficha de solicitude e a súa presentación a través da web do proxecto.

O taller terá lugar no edificio Cersia da rúa Alcalde Raimundo López Pol de Santiago de Compostela e terá 2 horas e media de duración.

Máis información e inscricións

smartiago4.jpg