O Consello Galego de Enxeñerías celebra o seu II Torneo de Golf no Club de Golf Xaz

O COETG colabora na segunda edición do torneo de golf que organiza o Consello Galego de Enxeñerías -CGES-, que se celebrará o vindeiro 18 de setembro de 2021 no Club de Golf Xaz, un novo recinto deportivo construído nas inmediacións do Pazo de Xaz no concello coruñes de Oleiros. Como en anteriores edicións, os colexiados interesados en participar no torneo, teñen a posibilidade de inscribirse nunhas condicións especiais respecto á entrada xeral.

Cada colexio xestiona as inscricións do seu colectivo. Os enxeñeiros de telecomunicación interesados deberán enviar un correo electrónico a comunicacion@coetg.gal indicando nome completo, teléfono de contacto, correo electrónico e número de licenza de golf. O prezo de inscrición é de 35€ (público xeral: 60€) e o prazo remata o vindeiro 25 de agosto.

cartel FINAL XAZ GOLF recorte.jpg

cartel FINAL XAZ GOLF mitad sup.jpg