O Goberno apraza a data final para completar o Segundo Dividendo Dixital e a subasta da banda de 700 MHz

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital comunicou á Comisión Europea a necesidade de aprazar a data final do 30 de xuño de 2020 para completar as seguintes fases do Segundo Dividendo Dixital, debido á situación de excepcionalidade que se vive como consecuencia do COVID-19.

A subasta de 700 MHz entre os operadores de 5G tamén se apraza co fin de facilitar o esforzo adicional que están a realizar as operadoras de telecomunicacións, enfocadas en manter a conectividade das empresas e persoas neste momento de emerxencia sanitaria.

Na comunicación á Comisión Europea explícase que a nova data avaliarase e determinarase en función da finalización das medidas de contención adoptadas para facer fronte ao COVID-19. En todo caso o aprazamento será polo mínimo prazo imprescindible para completar o proceso.

Desde que se declarou o estado de alarma, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital deu instruccións de manter, sempre que se salvagarde a saúde dos traballadores, a execución das actuacións do proceso.

Ademais, vanse manter as emisións en simulcast (emisión simultánea a través das frecuencias nova e antiga), suspéndese as actuacións de cambios directos de canle radioeléctrica e mantéñense nas instalacións colectivas de recepción de TV o equipamiento das canles radioeléctricas que se abandonan, todo isto co fin de garantir, neste momento de emerxencia sanitaria, a recepción do servizo de televisión dixital terrestre aos cidadáns.

Máis información: Aprazamento liberacion 2º Dividendo Dixital e Televisión Dixital Terrestre

tdt2.jpg