O proxecto #Escoita xa é unha realidade!

Este sábado no campo de fútbol de Riazor materializouse o proxecto #Escoita, unha iniciativa que naceu da solicitude ao COETG de Jesús Suárez, un afeccionado do Deportivo, para solucionar o problema de retardo nas retransmisións deportivas que dificultaba o seguimento dos encontros no campo de fútbol por parte de persoas con dificultades visuais.

O sistema entrou en funcionamento por primeira vez para os usuarios que así o solicitaron no partido disputado este fin de semana na Coruña e a súa estrea tivo moi boa acollida e repercusión nos medios de comunicación, especialmente as emisoras de radio implicadas tamén no desenvolvemento do proxecto.

O "Escoita" é un proxecto pioneiro para que as persoas con problemas visuais teñan acceso en tempo real á narración dos encontros deportivos. A achega do COETG, veu da man do enxeñeiro de telecomunicación, Javier Fernández Fraga, quen realizou labores de asesoramento técnico para desenvolver o proxecto. Esta iniciativa foi posible grazas ao Concello da Coruña, a Universidade da Coruña, a ONCE, o Deportivo da Coruña e varias Emisoras Radiofónicas, ademáis do COETG.


WhatsApp Image 2020-02-01 at 19.58.55.jpeg

IMG-20200201-WA0006.jpg