O próximo venres 8 de novembro celebramos o III Encontro de Asociados da AETG!


De interese para asociados


Xa está aquí a 3ª edición do Encontro de Asociados da AETG! Terá lugar o venres día 8 de novembro de 2019 ás 15 horas na taberna Ultramar - Pepe Vieira de Pontevedra, un lugar diferente que sen dúbida, será o marco perfecto para compartir as nosas experiencias e proxectos persoais e profesionais.

Ano tras ano, este evento vaise convertendo no encontro anual dos enxeñeiros de telecomunicación asociados de Galicia, coa intención de poñer en valor a importancia de pertencer a un colectivo coma o noso e de compartir vivencias e proxectos propios cos compañeiros, unha cita á que non podes faltar!

Se és asociado da AETG, tes unha cita connosco! Confirma a túa asistencia antes do día 4 de novembro enviando un correo electrónico co teu nome e teléfono de contacto a comunicacion@aetg.gal.

Logo FINAL circular Ultramar.png