O segundo Dividendo Dixital chega a Pontevedra

O pasado 20 de xaneiro comezaba en 55 municipios pontevedreses o cambio de frecuencias de Televisión Dixital Terrestre (TDT). Este proceso iniciarase tamén en Dozón a partir do 17 de febreiro; mentres que, en Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces non haberá cambios en ningunha múltiple dixital estatal ou autonómico.

Na provincia de Pontevedra, aproximadamente 16.400 edificios comunitarios de tamaño mediano e grande, nos que residen preto de 409.000 persoas, terán que adaptar a súa instalación de antena colectiva de televisión, polo mandato europeo que implica liberar o chamado Segundo Dividendo Dixital. Este axuste é necesario para poder seguir vendo as canles nas novas frecuencias destinadas para eles.

Durante o cambio de frecuencias de TDT, co fin de facilitar a transición e minimizar o impacto para a cidadanía, as cadeas de televisión emitirán simultaneamente a través das frecuencias nova e antiga ( simulcast) antes de proceder ao apagado desta última a finais de xuño de 2020.

Axudas públicas

Máis Información