Onte, 17 de febreiro comezou a fase de simulcast na provincia de Ourense, polo que as cadeas de televisión emitirán simultaneamente a través das novas e das antigas frecuencias na maioría dos centros da rede principal de difusión.
Nos edificios comunitarios dos 92 concellos deberán realizarse adaptacións nas antenas colectivas a través dun instalador de telecomunicacións rexistrado para efectuala e así poder seguir gozando da oferta completa da TDT unha vez que as cadeas iniciaron as súas emisións simultáneas.
Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 e 910 889 879.