O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a renovación do equipamento de alta tecnoloxía para o diagnóstico pola imaxe e a medicina nuclear de todos os hospitais públicos de Galicia. En concreto, os equipos que se renoven serán os de tomografía computerizada, resonancia magnética, mamógrafos, salas de raios dixitais, radioloxía vascular e neurorradioloxía —dentro do diagnóstico pola imaxe— e de PET e gammacámaras —destinados a medicina nuclear—.
Fonte: amtega.xunta.es