As novas tecnoloxías son unha peza clave da economía dixital: a intelixencia artificial, as redes 5G ou os entornos multi-cloud, entre outros, están a inducir cambios vertixinosos nos departamentos de tecnoloxías da información (TI). Á súa vez, ofrecen grandes oportunidades para desenvolver novos servizos e modelos de negocio tanto a start-ups como a compañías tecnolóxicas ou de outros sectores.
A décimo sétima edición do Tour Tecnolóxico @aslan celébrase baixo o título "Continuamos innovando. Continuamos avanzando" e porá o foco na importancia da ciberseguridade para a Transformación Dixital; as novas formas de xestionar as infraestruturas híbridas; ou o potencial da intelixencia artificial aplicada á rede.