O vindeiro 27 de maio celebramos o IV Encontro de confraternización de asociados da AETG

Despois de 2 anos de ausencia, retomamos a celebración do Encontro de confraternización de asociados da AETG na súa 4ª edición, que terá lugar o venres día 27 de maio de 2022 no Museo Estrella Galicia de A Coruña, un lugar diferente que sen dúbida, será o marco perfecto para compartir experiencias e proxectos persoais e profesionais. Nesta ocasión o encontro incluirá a visita guiada ao museo e á fábrica de cervexa, que concluirá co tradicional xantar de pé. Ano tras ano, este evento vaise convertendo no encontro anual dos enxeñeiros e enxeñeiras de telecomunicación asociados de Galicia, coa intención de poñer en valor a importancia de pertencer a un colectivo coma o noso e de compartir vivencias e proxectos propios cos compañeiros.
Inicie sesión para ler o contido completo
image015.png